Saturday 04 de May de 2024

“As novas finanzas no mundo dixital”, curso de verán na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC aberto a todos os interesados


 

Desenvolverase os días 4 e 5 de xullo e o prazo de matrícula finaliza o 23 de xuño

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago, xunto á delegación en Galicia do Instituto Español de Analistas Financeiros (IEAF), Fundación Abanca, e o Grupo de Investigación VALFINAP do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da USC, organiza o curso de verán “As novas finanzas no mundo dixital”.

Está dirixido a profesionais, estudantes universitarios de calquera titulación e público en xeral ata un máximo de 80 participantes. O seu prazo de matrícula remata o 23 de xuño.

A profesora Loreto Fernández é a directora deste curso “As novas finanzas no mundo dixital”.

A actividade ten un custo xeral de 70 euros, 40 en caso de taxa reducida para estudantes, pensionistas, membros da comunidade USC, desempregados e socios da Asociación de Antigos Alumnos.

A USC recoñece academicamente este curso con 1 crédito ECTS para todas as titulacións de Grao e o IEAF, con 12 horas de recertificación, 6 por cada unha das súas dúas xornadas.

Máis información na páxina web https://ecoade-santiago.blogspot.com/p/cursos-de-verano.html

Programa de “As novas finanzas no mundo dixital”

Mércores, 4 de xullo:
9:00 h Inauguración do curso
9:30 h Fintech na Economía Colaborativa.
Javier Méndez Llera, Secretario Xeral e Director Xeral de IEAF-FEF.
10:30 Impacto Fintech no negocio da Banca.
Alfredo Jiménez, Director do Servizo de Estudos e Análises de IEAF-FEF.
12:00 h Perspectivas xerais da tecnoloxía financeira nos mercados.
Miguel Jaureguizar, Director do Desenvolvemento Dixital de Renta4 Banco.
13:00 h A Banca no século XXI. Novos retos e respostas aos cambios tecnolóxicos.
José Luís Cayuela, Conselleiro Delegado de Kydel Partners.
16:00 h Ciberseguridade na operativa financeira e a fraude.
Rubén Frieiro Barros, Socio de DELOITTE.

Xoves, 5 de xullo:
9:30 h Novas claves estratéxicas no sector financeiro.
Manuel Ferro Novoa, Xerente de Planificación e Estudos de Abanca.
10:15 h Os retos do proceso de innovación tecnolóxica nunha entidade financeira.
Eduardo Aldao Castelo, Director deI nnovación de Abanca ..
11:15 h Os novos requisitos na arquitectura tecnolóxica.
Rebeca Carolina Cores Carreira, Directora de Arquitectura TI de Abanca.
12:30 h A Banca móbil como principal canle de vinculación.
Francisco Javier Díaz López, Xerente de Banca Dixital de Abanca.
13:15 h Requirimentos xurídicos no marco da dixitalización.
María Paula Lum Pampín, Asesora Xurídica de Abanca.
16:00 h Mesa redonda: “O poder disruptivo das start-ups no sector Fintech”.
Luís Taboada, CEO e fundador de Qbitia
David Conde, CEO e fundador de Sensei Trade e Coinscrap
Gonzalo Camiña, CEO e fundador de Opseeker.
19:00 h Clausura do curso